Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As suites para violoncello de Bach protagonizan o decimoquinto concerto do Festival de Música Cidade de Lugo


# Domingo, 25/05/2008
Será mañá luns 26 de maio ás 20:30 horas na Fundación Caixa Galicia

A sede da Fundación Caixa Galicia acollerá o luns 26 de maio o decimoquinto concerto deste Festival de Música Cidade de Lugo que organiza a Concellería de Cultura da cidade. Este concerto está dedicado a un repertorio moi singular e atrainte como son as suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O protagonista do concerto será Plamen Velev. Este cellista de orixe bulgara, e compostelá dende hai moitos anos, ten este ano unha dobre participación no festival xa que ademais do concerto do pasado luns 19 no que dirixiu á Camerata Quiodi e no que actuou como solista nun programa dedicado ao concerto do Clasicismo (Mozart e Haydn), agora ofrece unha nova mostra da súa versatilidade e sensibilidad como intérprete nun recital para violoncello só integramente dedicado a Bach. O esixente programa inclúe dúas das seis suites para violoncello só do que sen dúbida foi un dos grandes mestres do Barroco: a Terceira en do maior e a Quinta en do menor.

Este concerto do luns 26 de maio comezará ás 20:30 e será de entrada libre ata completar o aforo do local como é habitual no festival.

O Festival de Música Cidade de Lugo continúa a súa actividade esta semana, o próximo xoves 29 de maio, cun concerto moi especial dedicado á ópera belcantista que contará coa presenza de dous destacados cantantes de recoñecido prestixio internacional: a mezzosoprano italiana Manuela Custer e o tenor valenciano José Manuel Zapata.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova