Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana celébrase a terceira proba do I Campionato de Velocidade Cidade de Lugo


# Venres, 23/05/2008
Será a partir das 10:00 horas de mañá sábado 24 de maio no CSM da Milagrosa

Mañá, sábado 24 de maio, celébrase a terceira proba do I Campionato de velocidade Cidade de Lugo organizado pola Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, en colaboración co Clube Slot Lucus a partir das 10:00 horas.

A competición está composto por unha serie de probas de scalextric que se veñen desenvolvendo dende o 8 de marzo no Centro Social da Milagrosa.

Para as probas do campionato montouse unha espectacular pista, segundo as características e parámetros establecidos para ditos encontros. Ademais , como en outras ocasións montaranse pistas auxiliares para que todas as persoas que se acheguen ao Centro Social da Milagrosa podan probar e practicar esta disciplina.

Para participar nesta actividade non é preciso inscribirse previamente, só ter ganas de probar o teu propio coche ou un dos que estarán á túa disposición nunha pista sorprendente e chea de intricadas curvas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova