Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe aos participantes no Concurso Nacional de Educación Vial e de Seguridade Vial en Ciclomotor


# Venres, 23/05/2008
A proba reúne en Lugo a 178 nenos e nenas de 70 cidades españolas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdirector Xeral de Educación e Divulgación da DXT, Antoni Riu, recibiron no Pazo de Feiras e Congresos aos equipos participantes no XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e no XXX Concurso Nacional de Seguridad Vial en Ciclomotor.

Esta proba reune en Lugo un total de 89 equipos de toda España, que representan a 13 Comunidades Autónomas e 70 cidades españolas. Son un total 178 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, acompañados de 89 monitores.

O Alcalde deu a benvida a todos os intengrantes dos equipos á cidade e desexoulles os mellores resultados na competición. Ademais, López Orozco, expresou a súa satisfacción polo feito de que Lugo sexa por segunda vez a sede deste concurso nacional.

Programa de actos

Día 24-05-08:

-Ás 8:45 horas, inicio das probas teóricas.

-Ás 9:30 horas, recoñecemento da pista do Parque Infantil polos equipos participantes. (en caso de choiva o certame realizaríase no Pazo de feiras e Congresos)

-Ás 9:45 horas, comienzo das probas prácticas, entran 10 equipos (20 nenos e nenas) en cada turno, haberá nove turnos que finalizarán aproximadamente ás 14:00 horas.

-Ás 14:30 horas celebrarase unha comida oficial ofrecida pola DXT.

-Ás 18:30 horas, efectuarase a lectura de actas, proclamación de resultados e entrega de trofeos no Auditorio Gustavo Freire.

-Ás 21:30 horas, o Concello de Lugo ofrecerá unha cea en honor dos participantes e haberá unha entrega de agasallos.

Día 25-05-08:
-Ás 9:30 horas, excursión turística pola Ribeira Sacra. Paseo en Catamarán polos Cañones del Sil.
-Ás 14:00 horas, comida no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
-Ás 17:00 horas, regreso a Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova