Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O PIT de Lugo proclámase Campión Nacional de ciclomotor e Subcampión na modalidade de karts e bicicleta


# Luns, 26/05/2008
Os representantes lucenses competiron en Lugo con máis de 170 nenos e nenas de 70 cidades españolas

É a segunda vez que a cidade lucense acolle esta proba de ámbito nacional

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdirector Xeral de Educación e Divulgación da DXT, Antoni Riu, xunto con outras autoridades, participaron na entrega de premios do XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e no XXX Concurso Nacional de Seguridad Vial en Ciclomotor que tivo lugar no Auditorio Gustavo Freire.

O equipo lucense, composto por 2 rapaces, demostrou a súa extraordinaria formación vial cunha clasificación histórica. Resultaron campións por equipos nas probas de ciclomotor e subcampións nas probas de karts e bicicleta, ademais de obter un terceiro posto en individuais de ciclomotor e de karts e bicicleta.

O equipo de Lugo competía con máis de 170 cativos e cativas, con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, chegados dende diferentes partes de España en representación dos seus Parques Infantís de Tráfico.

Clasificación definitiva

Ciclomotor:

Individual

1º José Miguel Rodríguez Fernández, de Lugo
2º Carlos Pérez Martínez, de Ciudad Real
3º Yago Vigo Rodríguez, de Lugo

Equipos:

1º Lugo
2º Elche
3º Ciudad Real

Karts e bicicleta:

Individual:

1º Inmaculada Jiménez García, de Yecla (Murcia)
2º Francisco García Moreno, de Elche (Alicante)
3º Rubén Cansino Rodríguez, de Lugo

Equipos:

1º Yecla (Murcia)
2º Lugo
3º Elche (Alicante)
4º As Burgas (Ourense)
5º Teruel
6º Ávila

En total participaron neste Campionato 89 equipos, que representan a 13 Comunidades Autónomas e 70 cidades españolas. Son un total 178 nenos e nenas, acompañados de 89 monitores.

Premios
Apartado de Educación Vial:

Equipos

- O primeiro clasificado un trofeo e 5.000 euros

- O segundo clasificado un trofeo e 3.500 euros

- O terceiro un trofeo e 2.500 euros

- O cuarto, quinto e sexto clasificados recibirán un trofeo e 1.600 euros

Individual

- Os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo e unha bicicleta.

Apartado de seguridade vial en ciclomotor :

Equipos

- Un trofeo

Individual

- Un trofeo e un ordenador portátil para os tres primeiros.

Programa do domingo
Mañá domingo continuarán as actividades deste Campionato Nacional cunha xornada de descanso na que o Concello de Lugo levará aos participantes a unha excursión pola Ribeira Sacra. 

Ás 9:30 horas, sairán dende o Gran Hotel nunha excursión turística pola Ribeira Sacra, que incluirá un paseo en Catamarán polos Canóns do Sil.

Ás 14:00 horas haberá unha comida no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e ás 17:00 horas, regresarán a Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova