Imprimir

A MAIORÍA DOS LUCENSES CONSIDERA QUE XA FAI O QUE ESTÁ NAS SÚAS MANS PARA MELLORAR O MEDIO AMBIENTE SEGUNDO UNHA ENQUISA DO PORTAL WWW.LUGO.ES


26/5/2008 Separar os residuos para reciclar ou baixar o consumo de enerxía son as seguintes opcións máis valoradas

O portal web municipal realizou unha enquisa sobre a disposición dos lucenses para modificar os seus hábitos en pro da mellora do medio ambiente, entre o 5 e o 26 de maio, na que participaron un total de 204 persoas.

Segundo os resultados obtidos neste sondeo, que propuxo cinco opcións de resposta, o 46,56% dos lucenses considera que xa está a facer todo o que está nas súas mans para a defensa do medio ambiente.

O 24,50% dos participantes  está dispostosto a separar os residuos para reciclar, mentres que o 13,72% baixaría o consumo de enerxía no seu fogar. Deixar o coche na casa e optar por outro tipo de transporte máis ecolóxico é a opción do 13,23% dos votantes. Só o 1,960% deixaría de regar o xardín.