Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PRESENTA AO NOVO DIRECTOR XERAL DO CENTRO TECNOLÓXICO AGROALIMENTARIO DE LUGO CETAL


26/5/2008 Elaborará de inmediato un Plan de actuacións para o CETAL

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou na Casa do Concello ao Director Xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Enrique Rey Rodríguez, que se incorporará de inmediato ás súas funcións.

Rey Rodríguez terá que dirixir este centro e asumirá entre outras a tarefa de poñer en marcha un Plan de actuacións do CETAL para os anos 2008-2011.

López orozco suliñou que se trata “dun paso máis nesa obra que tnato queremos e que vemos con moito optimismo para un sector tan importante para Galicia e Lugo”. O Alcalde destacou o traballo realizado por Rey no Centro Tecnolóxico de Valencia que lle servirá para sacar adiante o traballo do CETAL.

Lugo e a súa provincia necesitan este Centro Tecnolóxico “debo agradecer o apoio incondicional da Ministra de Agricultura, actualmente Ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, sen ela este centro non sería posible”. 

Curriculum Vitae
Novo Director Xeral do CETAL

Nome: Enrique Rey Rodríguez

Data de nacemento: 11.09.1970
Viviu 12 anos en Lugo
Nivel medio de portugués e inglés

Formación Académica:

* Enxeñeiro Técnico Agrícola
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.- CAMPUS DE LUGO 1989 - 1993
* Enxeñeiro Agrónomo
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.- CAMPUS DE LUGO 1994- 2000

Formación Complementaria:

- Master en Xestión medioambiental (A cargo do Instituto de Investigacións
Ecolóxicas de Málaga
- Curso sobre Xestión Empresarial de Cooperativas.
- Master en Enxeñería e Xestión Medioambiental
- Programa Superior de Dirección de Ventas (PSDV).

Traxectoria Profesional:

*AINIA Centro Tecnológico

Ata o de agora era Delegado Territorial na zona noreste e norte de Portugal e levaba a cabo tarefas de xestión territorial, busca de novos clientes, relación con institucións. Un traballo relacionado coa Xestión de I+D das empresas do Sector Agroalimentario.

Estivo noutras empresas como DOMBODAN, S.L., INTERVALORA, S.A. ou na UNIVERSIDADE DE SANTIAGO no Departamento de Cultivos Herbáceos. Tamén traballou na Consellería de Agricultura dentro dun Programa de Defensa dos Vexetais

Enrique Rey agradeceu a confianza depositada nel polo Padroado da Fundación CETAL e explicou que o seu traballo principal será poñerse ao día do traballo realizado polo grupo de dinamización “facer público o concurso de ideas para a construción do Centro que previsiblemente se comezará a executar no 2009, tamén elaborar un Plan Estratéxico que recolla o cadro de actuacións a seguir nos próximos 3 anos. Definiremos as unidades de traballo, os espazos que se van crear e o persoal que se vai a necesitar para sacar adiante este traballo”.

O CETAL, un centro que será referente no noroeste peninsular, e que foi un dos grandes retos de López Orozco, ten entre os seus obxectivos promover, impulsar e apoiar o desenvolvemento tecnolóxico do sector agroalimentario e a mellora do coñecemento científico e técnico en materia agroalimentaria.

A Fundación CETAL está gobernada por un Padroado integrado por representantes do Concello de Lugo, do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, o Ministerio de Ciencia e Innovación, a Xunta de Galicia, as Universidades galegas, as entidades financeiras galegas, representantes das industrias e representantes dos produtores agrarios.