Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pon un servizo especial de autobús para asistir ao espectáculo Fama, A Bailar!


# Martes, 27/05/2008
Sairá da rúa Ángel López Pérez dende as 19:30 horas cada 15 minutos

Con motivo da celebración do espectáculo Fama, A Bailar! Que se celebrará na cidade o vindeiro venres 6 de xuño, o Concello de Lugo pon á disposición dos lucenses un servizo especial de bus urbano.

O servizo sairá dende as 19.30 horas da parada bus sita na rúa Ángel López Pérez, xunto á Policía Local, para continuar o seu percorrido pola Ronda da Muralla, esquina de Montero Ríos, Sindicatos, San Fernando, esquina Camiño Real, Obras Públicas, e  continuando por Xerman Alonso, Fonte dos Ranchos, Avenida das Americas e chegará ata o Pazo de Feiras e Congresos, lugar onde se celebrará o espectáculo.

Os buses de regreso sairán do Pazo de Feiras e pasará pola Avenida das Americas, Fonte dos Ranchos, Ronda da Muralla, Porta do Hospital, con destino ao punto de salida, realizando todas as paradas que se atopan na Ronda.

As saídas dende Ángel López Pérez terán lugar desde as 19.30  ata as 21:00 horas  cada 15 minutos, e dende o Pazo de Feiras dende as 22:30 ata ás 0:00 horas.

Ángel López Pérez

Fundación Ferias

19:30

22:30

19:45

22:45

20:00

23:00

20:15

23:15

20:30

23:30

20:45

23:45

21:00

0:00

(O servizo de regreso pode variar en función da duración do evento.)  




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova