Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A XV Marcha Cicloturista Riberas del Eo terá lugar esta fin de semana


# Mércores, 28/05/2008
Os participantes poderán inscribirse ata as 20:00 horas do venres 30 de maio

O Concello de Lugo patrocina, xunto cos concellos de Meira e Castroverde, a XV Marcha Cicloturista Riberas del Eo que terá lugar este domingo 31 de maio.

A proba sairá ás 16:00 horas desde a Praza Maior cara a Ronda da Muralla, Montero Ríos, Ronda de Fontiñas e San Eufrasio dirección a Castroverde. O pelotón pasará por Mosteiro e Rioxoan onde se realizará unha parada de 20 minutos para o avituallamento completo. Sobre as 18:40 horas iniciarase en Chao Pousadoiro un tramo libre de 9 quilómetros cunha pendiente media do 7% e máxima do 10% que rematará no Alto da Ribeira. Así comeza o descenso ata Meira onde haberá unha parada de 15 minutos para reagrupar ao pelotón.

A chegada dos participantes ao Parque da Milagrosa en Lugo como final da marcha cicloturista está prevista ás 20.40 horas.

Para inscribirse pódese realizar unha transferencia a favor do Club Ciclista La Cuesta (2091-0162-11-3040008746), acompañando boletín de inscripción e fotocopia da transferencia ao domicilio do club: Ronda da Muralla, 25, ou a través do FAX 982 25 12 64.

As cuotas de abono poden realizarse ata as 20:00 horas do venres 30 de maio de 2008: 20 euros para os ciclistas con reserva de cea, 12 euros para os ciclistas sen reserva de cea e 20 euros para cada un dos acompañantes á cea. Desde as 20:00 horas do venres ata as 15:00 horas do sábado 31 de maio serán de 15 euros para os ciclistas sin reserva de cea.

A retirada dos dorsais realizarase de 13:00 a 15:00 horas no Parque da Milagrosa.

Para máis información pódese chamar ao 982 22 76 02, 982 22 99 56 ou 609 35 47 57.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova