Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os lucenses poderán disfrutar de Unha noite na ópera con Rossini


# Mércores, 28/05/2008
O espectáculo, protagonizado pola mezzosoprano italiana Manuela Custer e polo tenor granadino José Manuel Zapata, forma parte do Festival de Música Cidade de Lugo

O programa do concerto do xoves 29 de maio no Círculo das Artes estará centrado na música de salón e a ópera belcantistas, cunha especial dedicación ás arias e dúos das óperas de Rossini. Do célebre compositor italiano Gioacchino Rossini poderán escoitarse arias e dúos de óperas tan coñecidas como La Cenerentola, O barbeiro de Sevilla e Tancredi. O programa o completan cancións e duettos do propio Rossini e doutros compositores como Tosti ou Meyerbeer e rematará, case coma unha sorpresa, co dúo final da ópera Carmen de Bizet. Probablemene é unha das citas desta trixésimosexta edición do Festival de Música Cidade de Lugo máis agardadas polos afeccionados.

Os protagonistas do concerto son dous cantantes de renome que nos últimos anos se fixeron unha gran reputación no panorama operístico internacional que os fixo merecedores de recibir constantes invitacións para actuar nos máis prestixiosos teatros de ópera de todo o mundo: son o tenor granadino José Manuel Zapata e a mezzosoprano italiana Manuela Custer. Manuela Custer é unha cantate de gran esperiencia con actuacións en festivais, auditorios e teatros tan destacados como os de Salzburgo, Venecia, Amsterdam, Edimburgo, Roma, París, Londres, Pesaro, Milán e un longo etcétera e que debuta en Galicia con este concerto no Festival de Música Cidade de Lugo (sen dúbida todo un acontecemento). José Manuel Zapata é un dos cantantes españois de su xeneración de máis proxección; todo un especialista rossiniano (un compositor que para Zapata non ten secretos) que foi galardoado co Premio Ópera Actual 2006 e ven de triunfar hai apenas dous meses, cantando O barbeiro de Sevilla de Rossini, no Metropolitan de Nova York: un éxito que xa lle supuxo novas invitacións no sempre moi esixente teatro neoiorquino. Ambos estarán acompañados por un vello coñecido do público do festival lucense, o pianista biscaíno Rubén Fernández Aguirre.

Este concerto do xoves 29 de maio comezará ás 20:30 e será de entrada libre ata completar o aforo do local como é habitual no festival.

O Festival de Música Cidade de Lugo remata a próxima semana con dous concertos: o martes 3 de xuño actúa no Conservatorio unha das grandes figuras do festival, o tenor inglés Mark Padmore nun programa dedicado a Benjamin Britten, e coa clausura (4 de xuño) na Igrexa de San Pedro a cargo do Coro da Universidade de Santiago de Compostela.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova