Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os rapaces lucenses poderán participar nun curso de natación sincronizada


# Mércores, 28/05/2008
Será os sábados de 11.00 a 12:00 horas na piscina de As Pedreiras

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o presidente da Federación de natación Sincronizada de Galicia e, Fernando Timidaos, o Presidente do Club Porta Miñá de Lugo, presentaron o curso de iniciación á natación sincronizada que comezará o vindeiro sábado, 7 de xuño na piscina de As Pedreiras.

Díaz Grandío indicou que “é unha actividade novedosa, maioritariamente feminino, e que agardamos que sirva de xermen nestre periodo pre-estival para crear afición a este deporte e poder retomar a actividade no vindeiro curso escolar”.

Poderán participar nesta actividade rapaces e rapazas a partir dos 8 anos. Será un total de unha hora por semana, os sábados de 11.00 a 12.00 horas.

A monitora do curso,Sara Isabel Estevaiña Magallaes, explicou que é un deporte no que hay que traballar moito a cordinación e a flexibilidade, pero animou aos rapaces e rapazas de Lugo a participar para que o nome da cidade comece tamén a sonar nesta especialidade.

O currículum desta monitora conta coa súa participación na Selección Nacional de Portugal, e co seu paso por diversos campionatos nacionais e, incluso, por un campionato europeo.

Esta actividade é de carácter gratuíto, e as persoas interesadas en participar poden recibir máis información no teléfono 982 206 340 ou 629 389 834.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova