Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o ciclo Muller e Interculturalidade coa proxección de En el mundo a cada rato


# Xoves, 29/05/2008
Será mañá venres ás 22:00 horas no Centro Social Uxío Novoneyra

Mañá venres, 30 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil "Muller e interculturalidade" organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Nesta ocasión proxectarase En el mundo a cada rato. Producida por Tus Ojos en colaboración con UNICEF como unha contribución do cine á protección dos dereitos da infancia no mundo, componse de cinco historias que abordan as cinco prioridades de UNICEF, a educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/sida e a protección contra a violencia, a explotación, e a discriminación.

As historias que se poderán ver nesta proxección son:
- El secreto mejor guardado, dirixida por Patricia Ferreira e rodada na India.
- La vida efímera, dirixida por Pere Joan Ventura e rodada en Guinea Ecuatorial.
- Las siete alcantarillas, dirixida por Chus Gutiérrez e rodada en Arxentina.
- Hijas de Belén, dirixida por Javier Corcuera e rodada en Perú.
- Binta y la gran idea, dirixida por Javier Fesser e rodada en Senegal.

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.

Entre os filmes que se poderán disfrutar nas vindeiras semanas se atopan:  Agua ou Cleopatra.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova