Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo prepara intervencións en diferentes puntos da cidade para concienciar á poboación no Día Mundial sen Tabaco


# Xoves, 29/05/2008
Haberá lugares de intercambio e ofrecerse a posibilidade de trocar os paquetes de cigarros por agasallos

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades organizadas polo Servizo Municipal de Drogodependencias para o Día mundial sen tabaco.

As intervencións procurarán a plena participación cidadá, para que a iniciativa de sensibilización ante a problemática do tabaquismo chegue a toda a poboación.

A Concelleira explicou que o vindeiro sábado 31 de maio terá lugar no Auditorio Gustavo Freire, a partir das 20:30 horas, a representación de danza do curso “Iniciación á Fama”. A tal evento asistirá poboación de diversos grupos de idade, polo que se evidencia a posibilidade de chegar a un amplo abano poboacional lucense. Á entrada do auditorio colocarase unha mesa con información sobre o tabaco para que o poida recoller quen o desexe. Na mesa estará á disposición de preguntas e peticións outra das técnicos do Servizo de Prevención de Drogodependencias. O propósito deste técnico de prevención é informar sobre o tabaco, o inicio do consumo, as súas consecuencias... pero tamén ten a función de explicar aos pais as posibilidades de ocio que existen no Concello para os seus fillos, a modo de procurar unha adecuada distribución do seu tempo libre potenciando a protección dos menores en situación de risco.

Do mesmo xeito, a mesa actuará como “lugar de intercambio”, é dicir, ofrecerase a posibilidade de trocar os paquetes de cigarros por regalos. Terase en conta que en función dos cigarros abandoados entregarase un regalo mellor ou peor. Neste senso, intentaranse ter obxectos que sexan atractivos en función do destinatario, tentando poder ter bolis, libretas, pegatinas, camisetas, boliñas antiestres...

Basadre indicou que haberá ademáis unha serie de actividades para a poboación adolescente en risco. Durante as fins de semana desde o mes de febreiro, estanse a levar a cabo unha serie de intervencións para potenciar a sensibilización, as actitudes cívicas e a reducción de riscos na poboación adolescente concentrada no xa ben coñecido “botellón”. Un grupo de monitores reúnese para, dunha maneira progresiva, acercarse ós rapaces e facer prevención de consumos abusivos e doutras drogas. Esta actividade goza de continuidade e aceptabilidade polos usuarios do botellón, polo que a participación destes nas iniciativas soe ser, na maioría dos casos, positiva.

O Servizo de Prevención de Drogodependencias facilitará unha mesiña de información onde constarán os folletos, boletíns e demáis informacións relacionadas coas drogas en xeral, e có tabaco en particular. É certo que a mocidade alí concentrada mostra un especial interese polas consecuencias a curto e longo prazo desta droga legal, polo que se espera que sexan moi receptivos neste día.

A mesa tamén conterá obxectos de intercambio. As normas para trocar os cigarros por regalos serán as mesmas que na actividade da tarde tan só se terá en conta que o atractivo dos obxectos de regalo deberá adecuarse ao pretendido polos mozos. Aproveitando estar no núcleo do botellón, realizaranse coximetrías que en caso de corresponderse cunha ausencia de tabaco, conlevarán un agasallo.

A Concelleira anunciou tamén que haberá unha serie de actividades na rúa que pretende obter o troco dun pitillo por unha chapa, bolígrafos, pinturas, con motivos refiridos ao tabaco. Os máis pequenos levarán outro regalo se os seus pais colaboran coa iniciativa.

En caso de aceptar realizar unha pequena enquisa, os cidadáns obterán un pequeno obsequio. Esta enquisa centrarase no grao de coñecemento que a poboación lucense posúe entorno ó tabaco para analizar máis tarde e realizar unha análise comparativa cós resultados obtidos o ano anterior.

CD interactivo Praeventio
A Concelleira anunciou ademais que nas próximas fechas editaranse 100 unidades do CD interactivo para traballar prevención de drogas en Primaria (terceiro ciclo, cursos 5º e 6º de Primaria) onde aparecen os paneis e actividades utilizadas nos centros de Primaria durante este curso escolar, ademais doutros materiais didácticos e de apoio para o profesorado.

Os cedés irán dirixidos, principalmente, ao profesorado e os titores que traballaron en Primaria co material da campaña Praeventio durante este curso escolar 2007/2008 nos seguintes centros: Quiroga Ballesteros, Paradai, Maristas, Rosalía de Castro, A Ponte, Nadela, Albeiros, Mª auxiliadora, Cervantes, Luis Pimentel, A Milagrosa, As Gándaras.

Punto xuvenil O Castiñeiro
A Concelleira recordó que sigue en funcionamento o Punto Xuvenil de O Castiñeiro, un lugar que pretende ser o contacto directo do Concello coa poboación, algo máis cercano á xente do barrio e que se preocupa, sobretodo, pola poboación xuvenil.

Dende a súa apertura o pasado mes de abril, pasaron polo centro unha media de 4 persoas diarias. A Concelleira recordou que o seu horario de apertura é de 17:00 a 20:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova