Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Atletismo Cadete e Xuvenil e o Criterium Galego de Atletismo


# Xoves, 29/05/2008
Participarán preto de 700 deportistas

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o Campionato Galego de Atletismo Cadete e Xuvenil e o Criterium Galego de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil, que se celebrará o domingo día 1 de xuño nas pistas Gregorio Pérez Rivera a partir das 10:30 horas.

O edil anunciou que esta competición achegará a Lugo a preto de 700 atletas de toda Galicia que disputarán as probas das distintas modalidades de atletismo (velocidade, valados, saltos, lanzamento, etc).

Os atletas da categoría benxamín (nados entre 1999 e 2000) e alevín (nados entre 1998 e 1997) poderán aprticipar somentes en dúas probas do programa, e en caso de ser dúas, só unha poderá ser superior aos 60 m. Os da categoría infantil (nados entre 1995-1996) poderán participar en un máximo de tres probas. En caso de participar en dúas carreiras, so unha poderá ser superior aos 220 m.v. En caso de participar en dúas probas, poderao facer en calqueira das dúas que teña mínima, respetando a norma de non participar e dúas carreiras de máis de 220 m.

Pola súa banda os atletas de categoría cadete poderán participar nun mñáximo de tres probas, tendo en conta que non poderán participar en dúas carreiras que superen os 600 m.

Nesta proba participarán un total de 48 clubes de atletismo, nove de eles de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova