Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Oito deportistas recibirán as becas Castro Parga para atletas


# Xoves, 29/05/2008


O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o xerente da empresa Castroparga, Antonio Castro Parga, e José Manuel Traseira, Presidente do Club Lucus Caixa Rural de Atletismo presentaron esta mañá as Becas Castro Parga para Atletas.

Díaz Gradío agradeceu á empresa o seu apoio ao deporte lucense e afirmou que “ogallá cunda o exemplo entre outras empresas”.

Pola súa banda, José Manuel Traseira, explicou que as becas son para atletas federados no seu club. As bases poden consultarse no taboeiro de anuncios do club ou na súa páxina web: www.sflucus.org .

Entre as solicitudes recibidas estableceranse oito becas que suman un total de 1.500 euros que serán repartidas en vales de material deportivo de 300, 250, 200 e 100 euros.

Antonio Castro Parga afirmou que “é unha obriga das empresas ayudar ao deporte da cidade como unha maneira de devolver algo á sociedade que nos axuda a sobrevivir todos os días”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova