Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Coro da Universidade de Santiago e a Capela Compostelana clausuran o Festival de Música Cidade de Lugo


# Martes, 03/06/2008
A XXXVI edición remata mañá 4 de xuño ás 20:30 horas na Igrexa de San Pedro

Mañá, mércores 4 de xuño, remata a XXXVI edición do Festival de Música Cidade de Lugo organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo. A cita musical lucense volveu a constituir un gran éxito artístico e unha vez máis recibiu o entusiasta respaldo do público da cidade.

O Coro da Universidade de Santiago e a Capela Compostelana porán o punto final á tradicional Semana do Corpus a partir das 20:30 horas na Igrexa de San Pedro. Ambas agrupacións, dirixidas por Miro Moreira, presentarán un programa dedicado aos Cancioneiros musicais españois do século XVI que inclúe exemplos dos cancioneiros de Palacio, Upsala, Colombina e Medinaceli.

A entrada é libre até completar o aforo de cada lugar, como é costume, para todos os concertos do festival.

O festival contou cun total de 18 concertos dende que comezou o pasado mes de abril e achegou á cidade a grandes figuras como Joanna Macgregor, Simone Kermes ou Xavier Sábata.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova