Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE NO CONCELLO AOS REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN DE INMIGRANTES E RETORNADOS RIOPLATENSES


30/5/2008 Están os cónsules do Uruguai, Arxentina e os alcaldes de Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a representantes da Asociación de Inmigrantes e retornados Rioplatenses encabezados polo seu presidente Jorge Roberto Rodríguez Fernández.

 

No acto estiveron presentes o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, a Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, outros membros da Corporación, o Consul de Uruguai, Gonzalo Könche Pizorno, a Consul de Arxentina, Georgina Bortolotto,

 

A Asociación Rioplatense naceu en Lugo hai un ano e conta na actualidade con preto de 80 socios de distintas partes do mundo e tamén galegos que viven en Lugo. O obxectivo deste colectivo é favorecer o intercambio cultural e o enriquecemento de culturas facilitando un lugar de reunión no que compartir recordos e vivencias e incluso dar asesoramento.

 

No acto de presentación de hoxe houbo ademais unha actuación dun grupo de tango arxentino chamado Tres baldosas que actuou na Praza Maior diante de numerosos veciños e posteriormente ofreceuse unha degustación de produtos típicos da Arxentina e Uruguai.

 

A Asociación de Inmigrantes e retornado Rioplatenses reúnese os sábados no Centro Social Uxío Novoneyra (2º andar sala C) de 16:30 a 20:30 e o seu teléfono de contacto é o 982216478.