Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe do IGVS 3 millóns de euros como o primeiro pago polos terreos de As Gándaras


# Luns, 02/06/2008
Vivenda deberá efectuar tres pagos máis de 3.700.000 euros

O Concello de Lugo recibiu do Instituto Galego de Vivenda e Solo o primeiro pago de tres millóns de euros polos terreos para o desenvolvemento do Plan sectorial do Parque Empresarial de As Gándaras, que se fixo efectivo coa sinatura da acta de pagamento entre o mandatario municipal, José López Orozco, e Xestur Lugo.

A raiz dun convenio asinado no mes de outubro, entre o Concello de Lugo e a Consellería de Vivenda, esta última obtén por expropiación forzosa e por mutuo acordo 1.413.722 metros cadrados de solo, a cambio de 14.166.577,69 euros que pasarán ao Concello en catro prazos:

1.- o efectuado hoxe cun valor de tres millóns de euros
2.- 3.722.192,3 euros no prazo de seis meses
3.- 3.722.192,3 no prazo dun ano dende a data do pago anterior
4.- 3.722.192,3 no prazo dun ano dende a data do pago anterior

O Parque Empresarial das Gándaras terá unha superficie total de 2.135.512 metros cadrados, que unha vez urbanizados, albergarán 237 parcelas de diferentes usos –industrial, comercial e mixto- e tamaños. En concreto contará con 40 parcelas de 700 metros cadrados, 65 parcelas de entre 700 e 2.400 metros cadrados, 86 parcelas de entre 2.700 e 4.000 metros cadrados e 46 parcelas de máis de 4.000 metros cadrados.

Ademáis este parque conta co valor engadido que lle dan as conexións coas principais vías de comunicación da zona.

Entre as infraestruturas e servizos do parque, ademais contará con 18.000 prazas de aparcamento, 44.000 metros cadrados para albergar servizos e 387.000 metros cadrados de zonas verdes para favorecer a integración territorial do parque e favorecer a creación de espazos de lecer.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova