Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ángeles Caso presenta a historia dun grupo de mulleres de talento postergadas ao silencio


# Martes, 03/06/2008
A conferencia forma parte do ciclo de Xornalismo do Século XXI

A xornalista Ángeles Caso ofreceu esta tarde, no Círculo das Artes, unha conferencia sobre a vida dun grupo de mulleres que escaparon ás normas e trataron de desenvolver a súa intelixencia e o seu talento, pero ás que a historia postergou ao silencio dentro do ciclo Xornalismo do Século XXI encadrado na programación cutural organizada pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.

Caso naceu en Xixón nunha familia, preocupada pola cultura, o que lle inculcou en certa forma a súa vocación. Licenciouse en Xeografía e Historia, especialidade Historia da arte, pero encamiñou os seus pasos cara ao xornalismo primeiro escrito e logo radiofónico e televisivo, chegando ata a presentar o Telexornal de TVE. Aos 35 anos deu un xiro na súa vida e apártase do xornalismo, sen nunca
deixalo do todo, para iniciar a súa carreira literaria.

Traballou en institucións culturais como a Fundación Príncipe de Asturias ou o Instituto Feijoo de Estudos do século XVIII da Universidade de Oviedo e en medios de comunicación talles como Televisión Española, Cadea Ser, Radio Nacional de España e diferentes xornais e revistas.

En 1994 foi finalista do premio Planeta co peso das sombras e en 2000 gañou o premio Fernando Lara de novela cun longo silencio. Alterna a narrativa con ensaios históricos, con especial importancia cara á Idade Moderna e a visión da muller
ao longo da Historia. Tamén é autora do guión da película Desexo (2002) de Gerardo Beira.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova