Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

La Shica e Transgloban Underground abren o cartel do V Festival Interfolk


# Xoves, 05/06/2008
Será mañá venres 6 de xuño a partir das 22:30 horas na Praza de Santa María

Mañá, venres 6 de xuño, comenza en Lugo o V Festival Interfolk Encuentro de Culturas no Camiño primitivo, que se celebra por quinto ano consecutivo e que convirte á cidade amurallada nun punto de encontro de referencia para os seguidores das músicas folclóricas de todo o mundo. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.

O festival arricará ás 22:30 horas co concerto de La Shica, quen presentará ante os lucenses os temas do seu disco Trabajito de Chinos. A artista porá en escea un espectáculo no que funde o flamenco, a copla co hip-hop e a danza contemporánea.

Transglobal Undergroun collerá o testigo e inundará a praza de Santa María co seu sonido no que mezcla rap, drum and bass e música tradicional da India. A banda está considerada como un dos mellores espectáculos do Reino Unido, cunha completa mezcla de instrumentos en vivo e percusión, bailarines de rap e a vocalista e danzarina do ventre Natacha Atlas.

O sábado, o escenario será conquistado por ás 13:00 horas por Malvela, e xa pola noite, serán Celtas Cortos e DJ Shantel, os que aumentarán o ritmo da festa

O público que se achegue ata este esceario poderá disfrutar do arte destes artistas con carácter absolutamente gratuito.O cartel multicultural profundizará na fusión da música occidental coa árabe, asiática e africana, e afondará nas raíces do folk galego, o flamenco e, incluso, da electrónica.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova