Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Cleopatra, a seguinte proxección do ciclo de cine xuvenil Muller e Interculturalidade


# Xoves, 05/06/2008
Será mañá venres a partir das 22:00 horas

Mañá venres, 6 de xuño, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Os lucenses poderán disfrutar mañá do filme Cleopatra. A película, dirixida por Eduardo Mignogna, cóntanos a historia de dúas mulleres moi diferentes que saen á procura de atoparse a si mesmas.

Por unha banda temos a Cleo (Norma Aleandro), unha mestra xubilada, responsable, boa nai e casada con Roberto, quen fai dous meses que está en paro, xuntos teñen dous fillos que viven no exterior. Por outra banda, aparece Sandra (Natalia Oreiro) unha famosa actriz de telenovelas, bulímica, aloucada e caprichosa. O único que teñen en común son as ansias de liberdade e cansadas das súas rutinas deciden emprender unha aventura de auto descubrimento durante un fin de semana. Na viaxe súmase Carlos (Leonardo Sbaraglia) un camioneiro aventureiro e buscavidas.

A historia comeza en Bos Aires, terminando na provincia de Mendoza transcorrendo 72 horas que cambiarán as súas vidas para sempre.

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova