Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o prazo de inscrición para participar no torneo de xadrez organizado pola Concellería de Educación


# Xoves, 05/06/2008
Será o vindeiro domingo na Praza Maior a partir das 16:30 horas

Mañá, venres 6 de xuño, remata o prazo de inscrición para participar no torneo de xadrez que se celebrará o vindeiro domingo, 8 de xuño, de 16:30 a 19:00 horas, na Praza Maior e que está organizado pola Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.

Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario aos monitores e monitoras do seu colexio, chamando ao teléfono da Escola de Xadrez 657 974 937 ou escribindo un email a castruperarrobayahoo.es.

O torneo será totalmente gratuito e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect.

Haberá premios para os mellores clasificados e clasificadas e un agasallo como recordo para todos os participantes.

Neste torneo haberá cinco categorías:

- Menores de 10 anos
- Menores de 12 anos
- Menores de 14 anos
- Menores de 18 anos
- Familiares dos participantes (acompañantes)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova