Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Acuanorte organizan unha semana de visitas para que os lucenses coñezan as obras da ETAP


# Mércores, 04/06/2008
O Concelleiro de Medio Ambiente sinalou que se trata da infraestrutura máis importante da cidade que garantirá auga de calidade en Lugo os próximos 25 anos

O Concelleiro de Medio Ambiente Lino González Dopeso, e o Xefe do Departamento de Proxectos e obras de Acuanorte, César prieto, presentaron a semana de visitas á Estación de Tratamento de Auga Potable, ETAP, que comezará o vindeiro luns 16 de xuño.

Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro da conmemoración do Día Mundial do Medioambiente que se celebra o 5 de maio, e o obxectivo é achegar a importante obra da ETAP a todos os lucenses. Lino González explicou que “é a obra máis importante do mandato de López Orozco, unha obra que non se ve porque non está no centro da cidade, pero que garantirá auga de calidade para todos os lucenses durante 25 anos”.

Para o Concelleiro, a auga é o ben máis importante que existe “sen auga unha cidade non ten nin presente nin futuro. Esta obra é unha garantía de vida, aínda que non é visible na súa maior parte como si o é unha autovía ”.

Estas visitas, que son totalmente gratuítas, comezarán o luns 16 e rematarán o sábado 21 de xuño. As inscripcións poderán formalizarse a partir do día 5 a través do 010 ou do portal web municipal: www.lugo.es cubrindo un formulario. O obxectivo previsto é chegar a preto de 500 lucenses, que coñecerán de primeira man os procesos que segue a auga ata chegar ás súas billas. Se a resposta é positiva estudarase a ampliación das visitas, que xa está previsto que continúen no mes de setembro con excursións programadas para escolares.

Estas visitas dirixidas a adultos, terán unha duración aproximada de 40 minutos, serán de luns a sábado e os autobuses sairán ás 18:30 dende o tramo peonil da Ronda da Muralla (fronte o edificio adminitrativo municipal), o sábado a saída será pola mañá ás 11:30 horas. Así dase a posibilidade de visitar a obra tamén a todas aquelas persoas que non podan asistir ao longo da semana.

Dende este tramo peonil partirán os autobuses ata as instalacións da ETAP situadas na parroquia de Adai, onde serán recibidos por un técnico de Acuanorte que lles explicará as distintas fases polas que pasa a auga ata ser potable e chegar aos seus fogares, así como a dificultade e elevado custo que teñen estos procesos.

O obxectivo desta iniciativa, organizada polo Concello de Lugo e Acuanorte, é que a cidadanía de Lugo vexa o que está a facer o Concello e o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino para garantir que teñan auga de calidade e que beban con tranquilidade a que sae das billas. Como explicou o Concelleiro de Medio Ambiente, en Lugo unha porcentaxe moi alta de veciños e veciñas bebe auga embotellada, o que repercute negativamente no medio, “as botellas de auga mineral son de plástico pvc e a súa reciclaxe é moi dificultosa, o gran traballo será que todos bebamos auga da billa con plena confianza, esa é a miña meta”.

ETAP
A Estación de Tratamento de Auga Potable estará a pleno funcionamento arredor do mes de outubro, neste momento, segundo explicou César Prieto, están en proba os equipos de forma indivicual e a vindeira semana estará en probas toda a planta. Segundo Prieto son necesarios “uns meses de proba para garantir que o sistema é estable e non vai haber problemas para que a planta funcione en continuo durante 24 horas”.

Esta planta bombeará un máximo de 650 litros por segundo e o caudal medio que na actualidade consume a potabilizadora de Lugo é de 400 por segundo. As novidades desta planta con respecto a outras, é o uso de técnicas novidosas tal e como explicou o representante de Acuanorte: “as dúas principais melloras que fan que esta sexa singular fronte a outras é o tratamento de ozonización -inyección de ozono- e o filtrado a través de carbono activo. O ozono é a oxidación da materia orgánica e da materia en suspensión e co filtrado evitan o sabor e olor da auga”.

Visitas á ETAP
Pode solicitar unha visita á ETAP a través do formulario de solicitude, indicando os seus datos

Recordar que hai que facer unha inscrición por persoa.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova