Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 4.500 persoas disfrutaron coa XXXVI edición do Festival de Música do Cidade de Lugo


# Mércores, 04/06/2008
A Concelleira de Cultura confirma que Luar na Lubre actuará o día 5 de outubro en Lugo

O pasado mes de abril arrincaba unha nova edición do Festival de Música Cidade de Lugo, coincidindo coa XXXVI Semana do Corpus. Foron 18 concertos de diferentes estilos musicais nos que estiveron en Lugo grandes estrelas do panorama lírico mundial. Ao longo destes dous meses de programa púidose constatar que é o mellor festival de música clásica de Galicia e que conta cun enorme recoñecemento a nivel nacional.

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, fixo hoxe balance da asistencia de público aos concertos e afirmou que “foi todo un éxito con cheo absoluto en moitos dos concertos,  unhas 4.500 persoas disfrutaron das actuacións musicais, a falta do concerto que pechará hoxe o ciclo. Consideramos que é unha cifra moi positiva, sobretodo se a sumamos ás boas críticas que estivo a recibir o festival en revistas especializadas”.

A Concelleira destacou a aceptación que tiveron entre o público catro concertos en especial: o de inauguración coa Real Filharmonía de Galicia, o de ópera barroca a cargo da soprano Simone Kermes, a versión concerto da ópera sacra de Vivaldi Juditha Triumphans, e as suites para cello de Bach.

Concepción Burgo destacou que unha das grandes apostas do festival son os concertos para nenos "cos que se tenta captar aos máis pequenos no coñecemento da música clásica e que foron todo un éxito, tanto que seguiremos a traballar nesta liña para ampliar as citas do festival destinadas ao público infantil”.

Ao longo do programa utilizáronse catro espazos para a promoción: o Círculo das Artes, a Fundación Caixa Galicia, a Igrexa de San Pedro e o Conservatorio de Música. Como en anos anteriores, todos os concertos foron de libre acceso e gratuítos.

A Concelleira afirmou que seguirán a traballar para seguir mellorando acalidade e a cantidade dos concertos do festival, para obter unha ampla variedade en xéneros e autores.

Novas citas musicais

Por outra banda a Concelleira anunciou un novo concerto do programa de festas do San Froilán 2008: o domingo 5 de outubro actuará na praza de Santa María o grupo Luar na Lubre.

Este novo concerto súmase aos dous xa confirmados: Dover o 5 de  outubro na Praza Horta do Seminario e El Canto del Loco o día 11 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos.

Ademais, Burgo aproveitou a ocasión para recordar que esta fin de semana celébrase o  V Festival Interfolk Encuentro de Culturas no Camiño primitivo, que se celebra por quinto ano consecutivo e que convirte á cidade amurallada nun punto de encontro de referencia para os seguidores das músicas de todo o mundo. O festival organizado pola Concellería de Cultura e Turismo, reunirá na cidade a artistas da talla de La Shica, Transglobal Underground, Malvela, Celtas Cortos ou DJ Shantel.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova