Imprimir

PRESENTADOS OS CURSOS DE VERÁN NO PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO


5/6/2008 O prazo de inscrición estará aberto entre o 9 e o 20 de xuño

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, presentaron a XI edición dos cursos de verán de Educación Vial, que se desenvolverán nas instalacións do PIT entre o 30 de xuño e o 29 de xullo.

Novamente, estes cursos están dirixidos á poboación moza de Lugo, entre os 8 e os 13 anos, para car e bicicleta, e entre os 14 e os 16 para ciclomotor. Formaranse para as clases grupos de non máis de 20 rapaces que recibirán formación teórica e práctica durante dúas horas e media. Cada grupo terá unha semana de clase e se formarán grupos en horarios de mañá (de 10:30 a 13:30 horas) e de tarde (de 17:00 a 19:30 horas).

A inscrición para estes cursos deberá realizarse entre o 9 e o 20 de xuño na oficina de Atención ao Cidadán, no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico (na avenida Ramón Ferreiro). Será necesario entregar a fotocopia do DNI ou Libro de Familia e encher a solicitude. O listado coa formación dos grupos poderá consultarse o día 26 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello, no Parque Infantil de Tráfico e na páxina web do Concello, www.lugo.es.

Cursos ciclomotor
A Concelleira e o Director do PIT lembraron que o martes 3 de xuño finalizaron os cursos de ciclomotor, que todos os anos organiza o Concello de Lugo en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico e os IES, CPR. e CEIP. Da cidade.
A estes cursos asistiron 33 alumnos, dos que o 75% (33 rapaces)superaron ás probas para a obtención do permiso de conducción.