Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía reúne de novo á Mesa Local de Comercio para dar conta dos avances acadados dende a última xuntanza


# Xoves, 05/06/2008
Os Concelleiros de Medio Ambiente, Cultura e Benestar social presentaron as iniciativas das súas áreas relacionadas co Comercio e a Hostalería local

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo unha nova xuntanza cos integrantes da Mesa Local de Comercio do Concello de Lugo, constituída o pasado 18 de xaneiro co obxectivo de coñecer as necesidades dos hostaleiros e comerciantes lucenses.

É un órgano de colaboración e deliberación no que participan distintas entidades relacionadas co comercio e a hostalería lucense para atopar solucións aos problemas que se poidan plantexar de cara ao comercio.

A esta terceira xuntanza asistiron os Concelleiros de Cultura, Concepción Burgo, Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e Muller e Benestar Social, Carmen Basadre. Tamén estiveron o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, o Presidente da Asociación de Hostalería, Francisco Real e o Presidente de Lugocentrum, José Sánchez Bergantiños

Nesta xuntanza a Concelleira, vogal da Mesa, deu conta a todos os participantes da solicitude dunha subvención para poñer en marcha o proxecto “Promoción do e-comercio e aumento da competitividade da PEME” dentro do Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. A Concelleira explicou que “esta iniciativa permitirá a posta en marcha dun portal web que promocione o comercio da cidade. Cada domerciante tería a súa propia web para informar ao público e levar a cabo a facturación electrónica. Incluirá un apartado de formación e de asesoramento en TIC”. A solicitude é de 75.000 euros dos cales o Concello aportaría 25.000.

Tamén lembrou que a Mesa a través do Concello solicitou á Consellería de Innovación e Industria unha subvención por máis de 200.000 euros para o arranxo de rúas, a dinamización da Praza de Abastos e a posta en marcha dun Observatorio local do Comercio. 

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, explicou na Mesa que en breve se porá en marcha un Plan de recollida de cartóns para comerciantes “será unha experiencia piloto no centro da cidade e que se da bos resultados se extenderá ao resto da cidade como a Avenida de Fontiñas ou da Coruña”. Comezará cun plan de sensibilización para concienciar a todo o mundo da necesidade de reciclar o cartón.

Sonia Méndez destacou a importancia do traballo conxunto, que se reflicte na colaboración existente nesta Mesa “o comercio e a hostalería de Lugo son de moita calidade e o gran apoio que necesitan e que as institucións sexamos capaces de atraer xente a Lugo aos seus comercios e aos seus establecementos de hostalería”. Por este motivo as Concelleiras de Cultura, Concepción Burgo, e Benestar Social, Carmen Basadre, explicaron as actividades que teñen previstas para atraer visitantes á cidade. “O Arde Lucus e todas as actividades que as súas áreas porán en marcha durante o verán, teatro, festivais… son instrumentos de atracción de turistas e polo tanto de potenciais consumidores do noso comercio e da nosa hostalería”.

Tanto Sonia Méndez como os Presidentes da Federación de Comercio e da Asociación de Hostalería, suliñaron a importancia de colaborar estreitamente para potenciar un comercio e unha hostalería de excelente calidade como o que existe en Lugo.

Esta Mesa está integrada polo Concello de Lugo, a Federación Galega de Comercio, a Asociación Provincial de Hostalería e a Dirección Xeral de Comercio, que nesta xuntanza non enviou a ningún representante.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova