Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os premios de debuxo do Día Mundial do Medio Ambiente


# Xoves, 05/06/2008


A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na entrega dos premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello de Lugo con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

O pasado sábado, rapaces e rapazas das asociacións Aspace e Síndrome de Down celebraron unha xornada de convivencia e integración baixo o título Capacitados para coidar o medio ambiente. O obxectivo desta acción era sensibilizar sobre o respecto ao medio ambiente e a inclusión das persoas con discapacidade nun espazo natural de convivencia que potencie as habilidades sociais e educativas dos escolares, así como a promoción da autonomía persoal destes colectivos, razón pola que se leva celebrando nos últimos anos cunha gran acollida.

A actividade consistiu na celebración de diferentes talleres de animación sociocultural como obradoiros de papiroflexia e xogos a través dos que poderán aprender a reciclar e oconcurso de debuxo.

Todos os participantes recibiron o seu agasallo pola participación, o conseguinte diploma e unha bolsa de produtos tecnolóxicos por parte do Concello.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova