Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Malvela, Celtas Cortos e DJ Shantel ponen o broche final ao V Festival Interfolk


# Venres, 06/06/2008
O programa está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo

Mañá, sábado 7 de xuño, continúa a festa da música intercultural no centro de Lugo. O V Festival Interfolk Encuentro de Culturas no Camiño primitivo, oganizado pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia, fará as delicias  do público que se achegue ata este escenario a disfrutar do saber facer destes artistas con carácter absolutamente gratuito.

A partir das 13:00 horas, o escenario será conquistado por Malvela nunha sesión vermú, na que o público poderá disfrutar do ambiente festivo que transmite o grupo que aúna diferentes xeracións de mulleres. Todas elas rescatan cantares vellos coa súa forza e convicción naturais que empregan ben a fondo cada vez que pisan un escenario. É a mellor ocasión para disfrutar da mellor música popular.

Xa pola noite, tócalle o turno aos veteranos Celtas Cortos. Os grandes éxitos do grupo sonarán na praza de Santa María percorrendo os seus 20 anos de historia. Non faltarán temas como Tranquilo majete, Cuéntame un cuentoNo nos podrán parar ou 20 de abril.

O punto final do festival virá da man de DJ Shantel, que porá o toque electrónico a esta cita multicultural. O alemán aumentará o ritmo da festa creando un desenfrenado ambiente co que se ven denominando o sonido da nova Europa.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova