Cargando....
Concello de Lugo
19/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Rematan as probas infantís do circuíto de carreiras Corre con Nós


# Venres, 06/06/2008
Será este domingo 8 de xuño nas pistas de atletismo da Cidade Cultural

O vindeiro domingo, 8 de xuño, terá lugar nas Pistas de Atletismo da Cidade Cultural a Festa Final dos Rapaces do circuito de carreiras Populares Corre con Nós correspondente a tempada 2007-2008.

A actividade comezará a partir das 12:00 horas, e consistirá en diferentes probas combinadas en función das categorías co fin de poner en contacto aos rapaces e as rapazas co mundo atlético dos saltos e dos lanzamentos como complemento da actividade atlética que desenvolven no circuito ao longo do ano.

Será unha experiencia máis para os máis pequenos co fin de probar outras disciplinas do atletismo ,de xeito que obteñan outro tipo de sensacións como son as de saltar nun foso de salto de lonxitude e facer uns lanzamentos de balóns medicinais de diferentes pesos.

Esta derradeira proba é a oitava das que engloba o circuíto Corre con Nós dos rapaces 07-08, donde os nenos e nenas  tiñan que cumprir en 6 delas para poder optar a conseguir o vale de material deportivo como premio final, vale  que poderán recoller na Concellería de Deportes a partires do martes 17 de xuño para trocar por material deportivo nas tenda de Deportes Elide.

Todos os rapaces e rapazas que finalicen esta 8ª carreira serán obsequiados co avituallamento habitual, ademáis da camiseta oficial do circuíto que deberán de recoller no Centro Comercial As Termas, previa entrega do vale que recibirán ao finalizar esta carreira.

Categoría A: 1 media  volta á pista + 1 salto
Categoría B: 1 Lanzamento+2 voltas á pista + 1 salto
Categoría C: 1 Lanzamento+3 voltas á pista + 1 salto
Categoría D: Carreira de Rapazas e Carreira de Rapaces (4 voltas)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova