Imprimir

O ALCALDE RECIBE AOS PARTICIPANTES NUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA DE EMPREGADOS DE COLEXIOS DE PROCURADORES DE TODA ESPAÑA


9/6/2008

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello aos participantes nunha xornada de convivencia que se está a celebrar e na que participan preto de 30 traballadores de colexios de procuradores de toda España: Valencia, Santiago, Madrid,
Murcia, Sevilla, Oviedo, Badajoz, barcelona, Valladolid, Alicante e Lugo.

O Alcalde deulles a benvida á cidade, explicoulles os atractivos culturais, gastronómicos e faloulles da hospitalidade que caracteriza a todas e todos os luceneses.

López Orozco entregoulles, como recordo da súa visita á Lugo, un pin da Mosqueira.