Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe ao Consello Directivo Nacional de Auxilia


# Luns, 09/06/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello aos membros do Consello Directivo Nacional de Auxilia que se reuniu por primeira vez na cidade.

Nesta xuntanza estiveron presentes uns 30 membros de Auxilia de Lugo, Madrid, Barcelona, Sevilla e Monforte de Lemos, encabezados polo presidente nacional, Miguel Soriano, e o coordinador Local de Lugo, Manuel Ignacio Piñeiro.

O Alcalde deu a benvida a todos os membros de Auxilia á cidade. Convidoulles a disfrutar dos actractivos de Lugo, “unha cidade que cada día é máis accesible para todas e todos.  Unha mostra delo foi o Premio Reina Sofía de Accesibilidade,algo que consideramos como un punto e seguido na labor que estamos a realizar para lograr a plena accesibilidade, cada día tenemos un maior compromiso por conseguir que a cidade sexa para todas e todos os cidadáns”.

López Orozco afirmou que "Auxilia ven exercendo unha importantísima función ao despertar o sentido de todos ás necesidades que teñen as persoas con discapacidade, son unha parte moi activa na vida social da cidade".

Como recordo da súa visita ao Concello entregóuselles un pin da Mosqueira e material informativo da cidade. Ademais, o presidente nacional recibiu de mans do Alcalde, unha reproducción en miniatura do centro histórico da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova