Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asiste á presentación da Axenda 21 Escolar do Colexio Illa Verde


# Venres, 06/06/2008
Fixérona os alumnos de 4º de primaria do colexio lucense e recolle unha normativa ambiental para aplicar no centro educativo por alumnos e mestres

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, asistiron á presentación dos traballos realizados no colexio Illa Verde de Lugo dentro da Axenda 21 Escolar.

López Orozco díxolles que estaba “plenamente satisfeito como Alcalde porque grazas a vós, aos vosos profesores e aos vosos pais, o presente de Lugo e o seu futuro está asegurado”. Deulles as grazas por ese traballo tan intenso realizado ao longo do curso escolar “é moi fermoso ver a cativos que se comprometen cos seus compañeiros a coidar a súa cidade”.

Trátase dunha iniciativa educativa coa que se pretende concienciar aos máis cativos da importancia de coidar o medio ambiente e de transmitir esas normas cívicas ao resto da cidadanía. Co lema Nós pensamos globamente e actuamos localmente comezou a presentación desta Axenda 21 Escolar na que os alumnos se comprometeron a coidar a terra e a auga “é sagrada e non se merca con cartos, nin pertence a ninguén en exclusiva. Entre todos é máis doado de conseguir”.

A Axenda 21 Escolar pretende facer do seu colexio “un lugar máis sostible para vivir”. Para iso fixeron un safari fotográfico pola escola no que recolleron o que lles gusta e o que hai que mellorar do seu colexio.

Todo isto quedou recollido na súa axenda 21:

A Comunidade Educativa do Colexio Público Illa Verde comprometémonos a respectar as seguintes normas elaboradas democraticamente despois de facer unha análise das nosas propias necesidades e problemáticas, coa fin de mellorar a nosa calidade de vida e a sostibilidade do noso colexio e así, colaborar, de este xeito, á sostibilidade do planeta.

TODAS E TODOS DEBEREMOS:

*         Coidar e apreciar o que temos.
*         Respectarnos: que non haxa nin pelexas nin insultos.

Con respecto ao lixo:

*         Separar o lixo para que poda ser reciclado.
*         Non tirar lixo ao chan.
           
Con respecto ao papel:

*         Deixar de usar papel branco para empregar só o papel reciclado.
*         Aproveitar ben as cartolinas.
*         Aproveitar o papel polas dúas caras.
*         Usar papel reciclado.
*         Coller só o papel que se vai utilizar.
*         Usar adecuadamente a fotocopiadora.
*         Facer as copias polas dúas caras.
*         Utilizar ben o papel hixiénico.
*         Empregar toallas para non gastar tanto papel.
           
Con respecto a enerxía:

*         Apagar as luces cando se sae da clase.
*         Utilizar sempre que podamos a luz natural, mantendo as persianas subidas.
*         Aforrar electricidade apagando os aparellos eléctricos cando non se estean utilizando.
*         Dar aviso para que a calefacción estea apagada os días calorosos.

Con respecto á auga:

*         Usar ben a auga, non a malgastar.
*         Avisar de calquera avaría nas billas ou váteres.

Con respecto ao contorno:

*         Evitar manchar as mesas.
*         Coidar as plantas do xardín evitando arrancar as flores.
*         Coidar os animais.
*         Favorecer que haxa mais flora e fauna no contorno do colexio.
*         Coidar máis os materiais.
*         Evitar colgarnos das porterías.
*         Manter as paredes limpas das clases, dos corredores, dos baños e demais lugares dentro e fora do noso colexio.
*         Compartir os espazos comúns.

Con respecto á contaminación acústica:

*         Escoitar a música a un volume adecuado que non moleste ás outras clases.
*         Evitar facer ruído polos corredores para non molestar aos demais.

TODOS E TODAS NECESITAMOS:

Con respecto ao lixo:

*         Contedores de cores para poder separar o lixo nas aulas e no patio.
*         Aprender a separar o lixo en cada contedor.
*         Papeleiras no pavillón para que o lixo non estea tirado no chan.
*         Papeleiras nos baños.
*         Contedores no exterior pero dentro do centro para poder baleirar as papeleiras e non ter que saír fora do recinto.

Con respecto ao papel:

*         Papel no baño.
*         Solicitar a principio de curso o papel reciclado en vez do papel branco.

Con respecto á auga:

*         Que se arranxen as cisternas dos baños.

Con respecto aos recursos e materiais:

*         Empregar con máis frecuencia os instrumentos de música.
*         Utilizar máis a aula de pretecnoloxía para facer experimentos, observacións polo microscopio,....
*         Arranxar as goteiras do pavillón.
*         Contar con axudas para aos nenos se nenas que teñen dificultade.
*         Taquillas para poder deixar as cousas.
*         Fixar mellor as canastras do polideportivo.
*         Poñer redes nas canastras que non teñen.

Con respecto á enerxía:

*         Arranxar as ventás para que se podan pechar evitando que estean abertas cando a calefacción estea acendida.

Con respecto ao contorno:

*         Máis árbores no colexio para ter sombra cando faga calor.
*         Unha escola limpa, queremos borrar os graffitis e evitar que volvan a pintarse.
*         Colocar xoguetes e columpios adecuados para os nenos e nenas de infantil no colexio pequeno.
*         Unha entrada ao colexio que permita a entrada dun vehículo de emerxencias (ambulancia, bombeiros,...)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova