O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, asistiron á presentación dos traballos realizados no colexio Illa Verde de Lugo dentro da Axenda 21 Escolar.
López Orozco díxolles que estaba “plenamente satisfeito como Alcalde porque grazas a vós, aos vosos profesores e aos vosos pais, o presente de Lugo e o seu futuro está asegurado”. Deulles as grazas por ese traballo tan intenso realizado ao longo do curso escolar “é moi fermoso ver a cativos que se comprometen cos seus compañeiros a coidar a súa cidade”.
Trátase dunha iniciativa educativa coa que se pretende concienciar aos máis cativos da importancia de coidar o medio ambiente e de transmitir esas normas cívicas ao resto da cidadanía. Co lema Nós pensamos globamente e actuamos localmente comezou a presentación desta Axenda 21 Escolar na que os alumnos se comprometeron a coidar a terra e a auga “é sagrada e non se merca con cartos, nin pertence a ninguén en exclusiva. Entre todos é máis doado de conseguir”.
A Axenda 21 Escolar pretende facer do seu colexio “un lugar máis sostible para vivir”. Para iso fixeron un safari fotográfico pola escola no que recolleron o que lles gusta e o que hai que mellorar do seu colexio.
Todo isto quedou recollido na súa axenda 21:
A Comunidade Educativa do Colexio Público Illa Verde comprometémonos a respectar as seguintes normas elaboradas democraticamente despois de facer unha análise das nosas propias necesidades e problemáticas, coa fin de mellorar a nosa calidade de vida e a sostibilidade do noso colexio e así, colaborar, de este xeito, á sostibilidade do planeta.
TODAS E TODOS DEBEREMOS:
* Coidar e apreciar o que temos.
* Respectarnos: que non haxa nin pelexas nin insultos.
Con respecto ao lixo:
* Separar o lixo para que poda ser reciclado.
* Non tirar lixo ao chan.
Con respecto ao papel:
* Deixar de usar papel branco para empregar só o papel reciclado.
* Aproveitar ben as cartolinas.
* Aproveitar o papel polas dúas caras.
* Usar papel reciclado.
* Coller só o papel que se vai utilizar.
* Usar adecuadamente a fotocopiadora.
* Facer as copias polas dúas caras.
* Utilizar ben o papel hixiénico.
* Empregar toallas para non gastar tanto papel.
Con respecto a enerxía:
* Apagar as luces cando se sae da clase.
* Utilizar sempre que podamos a luz natural, mantendo as persianas subidas.
* Aforrar electricidade apagando os aparellos eléctricos cando non se estean utilizando.
* Dar aviso para que a calefacción estea apagada os días calorosos.
Con respecto á auga:
* Usar ben a auga, non a malgastar.
* Avisar de calquera avaría nas billas ou váteres.
Con respecto ao contorno:
* Evitar manchar as mesas.
* Coidar as plantas do xardín evitando arrancar as flores.
* Coidar os animais.
* Favorecer que haxa mais flora e fauna no contorno do colexio.
* Coidar máis os materiais.
* Evitar colgarnos das porterías.
* Manter as paredes limpas das clases, dos corredores, dos baños e demais lugares dentro e fora do noso colexio.
* Compartir os espazos comúns.
Con respecto á contaminación acústica:
* Escoitar a música a un volume adecuado que non moleste ás outras clases.
* Evitar facer ruído polos corredores para non molestar aos demais.
TODOS E TODAS NECESITAMOS:
Con respecto ao lixo:
* Contedores de cores para poder separar o lixo nas aulas e no patio.
* Aprender a separar o lixo en cada contedor.
* Papeleiras no pavillón para que o lixo non estea tirado no chan.
* Papeleiras nos baños.
* Contedores no exterior pero dentro do centro para poder baleirar as papeleiras e non ter que saír fora do recinto.
Con respecto ao papel:
* Papel no baño.
* Solicitar a principio de curso o papel reciclado en vez do papel branco.
Con respecto á auga:
* Que se arranxen as cisternas dos baños.
Con respecto aos recursos e materiais:
* Empregar con máis frecuencia os instrumentos de música.
* Utilizar máis a aula de pretecnoloxía para facer experimentos, observacións polo microscopio,....
* Arranxar as goteiras do pavillón.
* Contar con axudas para aos nenos se nenas que teñen dificultade.
* Taquillas para poder deixar as cousas.
* Fixar mellor as canastras do polideportivo.
* Poñer redes nas canastras que non teñen.
Con respecto á enerxía:
* Arranxar as ventás para que se podan pechar evitando que estean abertas cando a calefacción estea acendida.
Con respecto ao contorno:
* Máis árbores no colexio para ter sombra cando faga calor.
* Unha escola limpa, queremos borrar os graffitis e evitar que volvan a pintarse.
* Colocar xoguetes e columpios adecuados para os nenos e nenas de infantil no colexio pequeno.
* Unha entrada ao colexio que permita a entrada dun vehículo de emerxencias (ambulancia, bombeiros,...)