Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Constitúese a comisión de seguemento co obxectivo de garantir a reubicación correcta das familias


# Venres, 06/06/2008
Garantir os dereitos de todos e traballar para solucionar a situación ese é o eixo de traballo desta Comisión integrada por diferentes administracións e asociacións

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Delegado da Consellería de Vivenda en Lugo, Cosme Eladio Pombo, reuniron hoxe ás diferentes partes implicadas na adxudicación de vivendas no barrio da Ponte para constituir a Comisión de Seguemento que se encargará de garantir a reubicación correcta das familias adxudicatarias do barrio da Ponte. A Comisión técnica, tal e como explicou o Delegado de Vivenda, “está traballando con silencio, rigor e seriedade para executar os acordos adoptados, que inclúen a sinatura dun convenio co Concello para intentar ofertar ás familias, que son adxudicatarias provisionais neste momento, unha vivenda alternativa e que renuncien se queren á vivenda actual”. O Concello ao mesmo tempo, dende a súa área de Benestar Social, está a levar a cabo un Plan de integración das familias que vivirán nestas vivendas.

Pombo explicou que “se ofertará a todas as familias a posibilidade de realoxalas noutros pisos”, e o importe rondará entre o millón e un millón e medio de euros.

López Orozco pediu aos veciños de novo comprensión “en aras da boa vontade, ven que se está traballando, e por iso pedimos que deixen as movilizacións e que se cre un clima de sosego para traballar todos xuntos.

O Alcalde engadiu que a información que se está a dar debe ser tratada con rigor “é mellor este traballo en silencio e non facer promesas que non se cumpran e causen frustración. O importante é chegar o día no que podamos decir que está solucionada esta situación e para iso xa dixemos que fai falta tempo. Os veciños teñen que ver que os seus dirixentes políticos se ocuparon e se preocuparon de dar solución a un problema que ven de lonxe e que non creamos nin o Concello nin Vivenda”.

Ámbolos dous responsables públicos pediron tranquilidade para traballar, xa que se está a falar dunha situación complexa na que hai dereitos constitucionais que non se poden obviar.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova