Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As XXI Xornadas Penitenciarias Lucenses analizarán as medidas alternativas á prisión


# Martes, 09/10/2007
O Concello de Lugo colabora nesta iniciativa da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por Marina Cillero, presidenta da Asociación Concepción Arenal, por Juan Manuel Moreno López, coordinador das Xornadas e por representantes dos Centros Penitenciarios de Bonxe e Monterroso, presentaron a XXI edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses.

Terán lugar no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia ó longo dos días 15, 16, 17 e 18 de outubro ás 20:00 horas e como xa é habitual nestes días desenvolverase un tema de máxima actualidade como é o relacionado coas Medidas alternativas á prisión no momento actual.

O Alcalde agradeceu o traballo levado a cabo pola Asociación para reintegrar socialmente ás persoas que cumpriron unha condea. Destacou que a Asociación Concepción Arenal sempre trata temas “moi interesantes e de actualidade, como por exemplo os cambios na lexislación, son os primeiros en explicarllos á xente”.

Marina Cillero, Presidenta da Asociación destacou que estaban moi contentos co traballo realizado ata o de agora e agradeceu a colaboración continua do Concello.

Pediu ademais á sociedade que se achegue a todas as novidades relacionadas co Código Penal e a normativa penitenciaria. De feito, os organizadores destacaron que o programa de reinserción de maltratadores que comezou o ano pasado está a funcionar moi ben.

Catro días de traballo
Son catro xornadas de traballo que comezan o vindeiro luns día 15 de outubro coa inauguración por parte do Fiscal Xefe da Audiencia Provincial, Jacinto Fernández Villalvilla, a entrega das medallas Concepción Arenal e a conferencia: Organigrama de medio aberto e medidas alternativas na que intervén o Subdirector Xeral de medio aberto e medidas alternativas, José Ignacio Bermúdez Fernández.

O día 16 ás 20:00 horas terá lugar a segunda conferencia: O xulgado de Vixiancia Penitenciaria: competencias no cumprimento de medidas de seguridade e penas de traballo en beneficio da comunidade, na que intervén Ángel Luis Ortiz González, Maxistrado Xuíz do Xulgado de Vixiancia Penitenciaria nº1 de Madrid.

O día 17 As penas de cumprimento na comunidade. Especial referencia á pena de traballos, centrarán a penúltima xornada da man de Nuria Torres Rosell, Doutora en Dereito e Mestre de Dereito Penal na Universidade Autónoma de Lleida.

O último día o relatorio versará sobre As medidas de seguridade na lexislación vixente e o encargado de explicalo será Edgar Fernández Clos, Presidente da Audiencia Provincial 2ª de Lugo.

A inscrición será gratuíta e poderase solicitar información no correo electrónico: apcaarrobaapca.e.telefonica.net ou no teléfono: 982 25 00 03.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova