Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Festas acorda que concesión das casetas de San Froilán sexa por tres anos


# Luns, 09/06/2008
O precio da ración do polbo quedou fixado en 6¿80 euros

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou hoxe que a Comisión de Festas decidiu, por unanimidade, que a concesión de casetas e dos postos dos caldeiros do polbo das Festas do San Froilán sexa por 3 anos, atendendo ás demandas dos polbeiros e caseteiros.

O prezo de saída das puxas aumentará este ano a subida do IPC, nun 4,9 %. Deste modo os hostaleiros poderán optar ás cinco casetas que terán os seguintes prezos de saída:
- A primeira caseta terá un prezo inicial de  17.835 euros
- A segunda  de 16.680 euros
- A terceira de 15.630 euros
- A cuarta de 14.475 euros
- A última das casetas de 13.325 euros

En cuanto aos prezos dos caldeiros serán os seguintes:

- O primeiro dos caldeiros sairá por 11.120 euros
- O segundo por 9.965 euros
- O terceiro por 8.920 euros
- O cuarto por 9.965 euros
- O último por 6.610 euros.

Burgo explicou que a Comisión de Festas fixou os prezos da venda ao público dos productos máis típicos do San Froilán:

- A ración de 200 gr. de polbo sairá por 6,80 euros.
- A ración de cachelos e de pan (de 200 gr.) sairá por un euro cada unha.
- ¾ de litro de denominación de viño de mesa por 4 euros.

Como todos os anos, as casetas poderán ofrecer ao público outros alimentos e bebidas complementarios con prezos non reglados.

As bases para a puxa das casetas e dos caldeiros estarán a exposición pública 20 días, e sairán posteriormente publicados no BOP. Será despois cando se proceda á realizar á puxa no Concello.

Contas das festas do 2007
Por outra banda, a Concelleira presentou ante os membros da Comisión de festas as contas do útimo San Froilán. Burgo resaltou que “as festas son unha inversión moi importante para toda a cidade e pensamos seguir facéndoo, xa que atraen a Lugo a moitísimas persoas”.

Segundo os datos  facilitados pola Concelleira os gastos totais do San Froilán 2007 foron de 1.314.923 euros, mentras que os ingresos supuxeron un total de 683.885 euros (487.379 euros por cesión de solo no feiral,  74.506 euros pola venda de entradas dos dous concertos de pago, 30.000 euros de subvención da Xunta de Galicia ao tratarse dunha festa de Interés Turístico Galego, 77.000 euros subvencionados pola Fundación Caixa Galicia, 20.000 euros de Movistar e 5.000 de Begano).

A Concelleira explicou que os gastos subiron respecto ao ano anterior debido a que nesta ocasión se incluíron os gastos xerados opr outras Concellerías implicadas nas festas, como a seguridade, a colocación de semáforos, farolas…

Un novo concerto para o 2008
Concepción Burgo aproveitou a ocasión para anunciar un novo concerto que terá lugar nas vindeiras festas de San Froilán. Para abrir o cartel dos concertos actuará, o 4 de outubro na praza da Horta do Seminario, a mexicana Julieta Venegas. A Concelleira explicou que “en principio, será o único concerto que dará a artista en Galicia dunha mini xira que vai a realizar por unhas 5 cidades españolas”.

Interfolk 2008
A responsable de Cultura do Concello tamén fixo balance do festival Interfolk que se celebrou a pasada fin de semana na cidade. Burgo afirmou que “pola praza de Santa María pasaron máis de 5.000 persoas, sendo o concerto máis visto o de Celtas Cortos”.

A Concelleira explicou que o festival desenvolveuse con toda tranquilidade e quixo agradecer aos técnicos de cultura a perfecta organización do evento.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova