Imprimir

REMATAN OS CURSOS DE CULTURA URBANA ORGANIZADOS POLO CONCELLO


10/6/2008 Unha festa de despedida puxo o punto e final aos talleres nos que participaron unhas 40 persoas

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, asistiu hoxe á festa que puxo o punto e final aos cursos de cultura urbana organizados pola súa Concellería e que se veñen celebrando na casa da música dende fai meses as noites dos martes e mércores. Nestes talleres, uns 40 mozos e mozas puideron descubrir diferentes aspectos do hip-hop.

As rapazas e rapaces da cidade iniciáronse neste movemento popular e cultural a través dos cinco elementos que o conforman: o breakdance, o rap, a iniciación radiofónica, graffiti e D.J.

Nesta festa os participantes no curso deron boa mostra do aprendido ao longo dos últimos meses na Casa da Música. Ademais, os monitores dos cursos tamén participaron activamente na clausura ao realizar unha pequena exhibición das súas capacidades.