Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os diplomas das accións formativas de Lugo Cidade Próxima


# Martes, 10/06/2008
Estas accións impartíronse durante o primeiro semestre do 2008

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participaron na entrega de diplomas aos participantes do proxecto LUGO CIDADE PRÓXIMA, correspondentes ás derradeiras accións formativas que se  impartiron no primeiro trimeste do 2008:

- OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL.- 100 horas

-  MONITOR DE APOIO ESCOLAR.- 350 horas

- TRABALLADOR FORESTAL.- 340 horas

- XARDINEIRO.- 530 horas

Con estes cursos rematan todas as accións formativas do proxecto LUGO CIDADE PRÓXIMA, que termina neste mes de xuño.

O proxecto Lugo Cidade Próxima desenvolveuse dende xaneiro do ano 2006 ata este mes de xuño e contou coa Subvención Global do FSE que xestiona o Ministerio de Administracións Públicas, nunha porcentaxe do 70% polo importe de 1.082.172,31 €, o resto da cofinanciación aportouna o Concello de Lugo ata completar o presuposto total do proxecto de 1.545.960 euros.

Lugo Cidade Próxima é un proxecto integral de formación e inserción laboral no que ademais do desenvolvemento de 11 accións formativas, se realizaron mási de 30 obradoiros de motivación, emprego e sensibilización medioambiental. Así como  titorias grupales e  indivizualizadas de orientación laboral, xunto con outras accións complementarias de formación en capacidades básicas, informatica e idiomas, asesoramento para o autoemprego, intermediación laboral, etc. Neste proxecto participaron  máis de 200  personas e a porcentaxe de inserción laboral é do 57 %.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova