Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Banda Municipal de Música recorda a Curros Enríquez no centenario da súa morte


# Mércores, 11/06/2008
Será mañá xoves, 12 de xuño, ás 20:00 horas na Praza Maior

A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, dedicará mañá xoves, 12 de xuño, un concerto ao poeta galego Manuel Curros Enríquez en homenaxe ao centenario da súa morte.

A actuación, que terá unha duración dunha hora, dará comezo ás 20:00 horas e terá lugar no templete da Praza Maior. O público poderá disfrutar de sete pezas entre as que se atopan: A Marcha Florentina de J.Fucik, os valses Á beira do Danubio Azul de Strauss e Bego de Felisindo Pérez, O chaleco branco de Chueca e os pasodobres O Progreso de I.F. Groba e Festa en Benidorm de Domenech Pardo. A homenaxe rematará coa interpretación dunha versión instrumental de Unha noite na eira do trigo.

Esta iniciativa únese a unha serie de actos que están tendo lugar en toda Galicia para conmemorar os 100 anos dende o falecemento do escritor Curros Enríquez.

Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova no ano 1850. levou unha vida errante de xornalista combativo, e como poeta  formou xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, a gran tríada do Rexurdimento Galego.

Curros escribiu entre outros títulos: Aires da miña terra ou O divino sainete. O 5 de xuño de 1869, mentres estudaba en Madrid, escribiu a súa célebre Cantiga, que co primeiro verso transformado en Unha noite na eira do trigo, sería unha das Seis baladas galegas para piano e voz de Xoán Montes, creador da Banda Municipal lucense.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova