Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asiste á inauguración do edificio Cactus da Universidade de Santiago de Compostela


# Xoves, 12/06/2008
Alí subliñou a necesidade de non multiplicar entes senón traballar en equipo e coordenados para facer máis grandes os proxectos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou este mércores na inauguración do edificio do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo ( CACTUS), que se puxo hoxe en marcha.

No acto tamén estiveron o Reitor da USC, Senén Barro, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o Director Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido.

López Orozco destacou a importancia de que as institucións traballen unidas “non hai que multiplicar entes, senón apostar por traballar coordenados”. Dixo tamén que el, como Alcalde, aposta por formar á xente para “que queden aquí. Sempre foi o meu obxectivo, que a mocidade non marche porque ten traballo aquí”

Amosou ademais o apoio incondicional que sempre dará o goberno local que preside á universidade.

O edificio CACTUS presta un importante servizo de investigación en todo o Campus e tamén a empresas particulares. Conta cun orzamento de 3.757.660 euros, ós que hai que engadir  os 753.000 que supuxo a urbanización dos terreos e o acondicionamento dos despachos.  A obra foi financiado na súa maior parte con fondos Feder e a colaboración da Xunta de Galicia.

Está situado nun lateral do aparcadoiro da Biblioteca Intercentros e conta cunha superficie útil de 1.989,79 metros cadrados repartidos en cinco andares.

O Reitor da USC, Senén Barro, destacou o incremento dun 40% no  investimento para investigación nos últimos catro anos, de feito no 2007 foi de 7.797.353 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova