Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O prazo para matricularse no Centro asociado da UNED en Lugo comeza o 15 de setembro


# Xoves, 12/06/2008
O inicio do curso será, como estaba previsto, a mediados de outubro

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu unha nova xuntanza do Padroado do Centro Asociado da UNED en Lugo que tivo lugar na sede do FORCAM que acollerá a Universidade a distancia.

A orde do día incluía aspectos de trámite e o nomeamento de José Luís Prieto como Director do Centro de Lugo. Tamén se presentou o informe da marcha das obras que se están a facer para adaptar o edificio ás necesidades da UNED, e López Orozco sinalou que marchan ao ritmo esperado “polo que en outubro comezará o curso académico con normalidade”. O prazo de matrícula está previsto que se abra o 15 de setembro ata o 15 de novembro.

Recordemos que o Centro Asociado da UNED en Lugo impartirá 30 titulacións do total de 36 que ten esta universidade.

En Lugo impartirase:

◘Acceso maiores de 25 anos
◘Administración e Dirección de Empresas
◘Antropoloxía Social e Cultural
◘Ciencias Físicas
◘Ciencias Matemáticas
◘Ciencias Políticas
◘Ciencias Químicas
◘Dereito
◘Dereito (Plan en Extinción)
◘Diplomatura en CC. Empresariais
◘Economía
◘Educación Social
◘Filosofía
◘Filosofía (Plan en Extinción)
◘Xeografía e Historia (Plan en Extinción)
◘Historia
◘Enxeñería Industrial
◘Enxeñería Informática
◘Enxeñería Téc. en Informática de Xestión
◘Enxeñería Téc. en Informática de Sistemas
◘Enxeñería Téc. Industrial (Electrónica Industrial)
◘Enxeñería Téc. Industrial (Mecánica)
◘Enxeñería Téc. Industrial. Especialidad en Electricidade
◘Pedagoxía
◘Psicoloxía
◘Psicoloxía (Plan en Extinción)
◘Psicopedagoxía
◘Socioloxía
◘Traballo Social
◘Turismo

Os responsables do padroado xa apuntaron no seu momento que o obxectivo é que este centro sexa un dos máis importantes de España, por iso, xa o incluíron na rede que se someterá a un programa de calidade dos centros asociados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova