Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello selecciona persoal laboral na categoría de oficial albanel para a brigada de vías e obras


# Xoves, 12/06/2008
As bases están colgadas no portal web do Concello

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 7 de maio, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo para a confección dunhas listas para contratación de persoal laboral temporal (contratado laboral interino ou contratado laboral temporal) para prestar servizos no Concello de Lugo na categoría de oficial albanel para a brigada de vías e obras.

As bases fixéronse públicas a través dun anuncio de no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e dende ese momento están colgadas tamén na web do Concello. Os sucesivos anuncios en relación con este proceso, publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A presentación de instancias realizarase no Rexistro Xeral do Concello.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova