Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O VIII Certame de pintura rápida ao aire libre celebrarase en Lugo o 13 de xullo


# Venres, 13/06/2008
Esta edición contará cun premio de 500 euros para un artista local

O Concello de Lugo celebrará o domingo día 13 de xullo a oitava edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, así o anunciou hoxe a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que sinalou a consolidación que está a ter esta convocatoria, que o ano pasado tivo xa 60 participantes adultos e 5 na categoría xuvenil.

A Concelleira explicou que nesta ocasión o certame presenta novidades con respecto aos anos anteriores. En primeiro lugar delimítase o espazo que poden ocupar os pintores ao recinto amurallado e ao adarve da Muralla. O obxectivo desta delimitación é facilitar ás persoas a localización dos artistas e que poidan velos traballar.

A segunda das novidades é que as obras creadas expoñeranse na praza maior ao longo da tarde do día do certame e aquelas obras que non sexan premiadas poderán poñerse á venda in situ. Ademais, este ano creouse un premio especial de 500 euros para un artista local, nado ou residente en Lugo, que non é compatible coa obtención dos outros premios que serán:

- Categoría adultos:
1º Premio de  1.700 euros e diploma
2º Premio de 1.200 euros e diploma
3º Premio de 900 euros e diploma
Sete accésits de 600 euros e diploma

-Categoría xuvenil:
1º Bono de 400 euros e material de pintura e diploma
2º Bono de 300 euros e material de pintura e diploma
3º Bono de 200 euros e material de pintura e diploma

Os participantes inscribiranse o mesmo día comezando ás nove da mañá e entregando ás cinco da tarde, para presentar a súa obra ante o xurado.

Como todos os anos a temática das obras ten que estar relacionada con Lugo.

Unha vez rematado o concurso, as obras poderán verse nunha exposición que se manterá aberta até o día 24 de xullo no Uxío Novoneyra de 16:00 a 21.00 horas.

A Concelleira sinalou a importancia que ten esta cita que cada vez conta cun maior número de participantes e “agardamos que vaia a máis”.Para iso, se está a realizar unha forte promoción a través das escolas de arte, galerías e salas, colectivos e asociacións de artistas, en concellos da provincia e por Internet.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova