Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo contrata as obras dos accesos ao novo hospital


# Martes, 17/06/2008
O Goberno Local inviste máis de 6 millóns na urbanización e viais de acceso á parcela

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, presentou hoxe a contratación das obras de construción dos accesos ao novo hospital de Lugo que se aprobarán na Xunta de Goberno Local que se celebrará maña 18 de xuño. Este é un paso máis para cumprir co compromiso adquirido polo Concello de Lugo na urbanización e dotación de accesos á parcela do novo hospital.

O Concelleiro indicou que o Concello de Lugo leva investidos un total de 6.283.208,74 de euros nesta dotación que beneficiará a todos os veciños e veciñas da capital . Neste orzamento aportado polo Goberno Local inclúese a instalación de todos os servizos como a rede de telefonía, auga, gas e saneamento por un total de 1.720.000 euros.

O Concelleiro explicou que o presuposto investido nas obras dos violes perimetrais do novo hospital foi de 2.396.000 euros. Ademais, Piñeiro destacou que para as obras de enlace do hospital coa ronda Leste o Concello aporta 650.598 euros.

En canto ao servizo eléctrico, o Goberno local costeará con 706.555 euros a construción da nova subestación , e con 598.000 euros a liña para levar a enerxía ao hospital. Piñeiro defendeu a idea de soterrar a liña eléctrica que dará enerxía ao novo complexo sanitario; e que descorre dende o Ceao ata a nova subestación, pero indicou que o investimento do Concello nesta importante infraestrutura para a cidade é moi elevado e os lucenses non poden aportar máis cartos para a obra, como o solicita a Consellería de Industria, que é a administración que debe responsabilizarse en atopar unha solución. O Concelleiro afirmou que “o Goberno Local estará sempre do lado dos veciños, e por iso facemos un esforzo tan grande para esta importantísima obra para a cidade e para a provincia, pero agora corresponde á Xunta de Galicia afrontar o gasto do soterramento da liña”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova