Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Muller e Benestar Social presenta as actividades dos centros sociais municipais do verán 2008


# Martes, 17/06/2008
O obxectivo das aulas abertas e intentar conciliar a vida laboral e familiar durante os meses de verán

Os cinco centros sociais do Concello de Lugo ofertarán novamente este verán numerosas actividades e obradoiros para os que xa está aberto o período de inscrición ata o vindeiro mércores 25 de xuño.

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, explicou que as actividades se orientan sobre todo aos pequenos para axudar a conciliar a vida familiar e laboral e os rapaces podan disfrutar nas aulas abertas que haberá, por primeira vez, en todos os centros sociais do Concello. Estas aulas estarán abertas de 9:00  ás 14:00 horas e de 16:00 ás 20:00 horas. Ao longo deste tempo os rapaces poderán realizar xogos populares, saír aos parques, animación á lectura ou traballos manuais como pintura, xogos de cores e informática. Todas elas serán gratuítas.

Para os adultos tamén se manterán algunhas actividades como español para estranxeiros, en iniciación e avanzado,  ou bioximnasia. Ademais repítese a actividade de tai chi ao aire libre, que tivo un gran éxito o ano pasado e unha importante demanda. Esta actividade está aberta a toda a poboación sen necesidade de inscrición previa. Terá lugar todos os luns e mércores de xullo e agosto de dez e media a once e media no parque Rosalía de Castro, e de sete e media a oito e media, no parque da Milagrosa.

OCIOTECAS
Para complementar a oferta, as ociotecas ou aulas creativas comezarán a funcionar tamén pola mañá do 23 de xuño ao 5 de setembro, de nove a dúas e de catro a oito e media. Seguirán no seu lugar habitual, na Milagrosa, Fontiñas e Uxío Novoneyra. Están destinadas novamente a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

OUTRAS ACTIVIDADES
Haberá tamén nestes meses de verán actividades organizadas polo Concello a través do Punto de Información de O Castiñeiro . onde haberá cine para todos, cine infantil, cursos de informática e xincanas, sesión de karaokes, ciclo de charlas sobre algunha temática, videoforum ó aire libre, preparación de concursos, certames, exposición de creacións artísticas,…

Dirixida a todos os públicos, se celebrará unha excursión en cada centro social os días 9 e 23 de xullo e o 6, 20 e 28 de agosto. Os lugares escollidos serán Praia do Vilar, a Cervo, Praia de San Jorge , Betanzos, Pontedeume e Baiona abertas a toda a poboación e os rapaces poderán ir gratuitamente.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova