Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo fai público un bando para garantir a seguridade dos lucenses en San Xoán


# Mércores, 18/06/2008
O documento establece cinco normas de obrigado cumprimento

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo público o bando no que se establecen unha serie de normas de obrigado cumprimento para garantir a seguridade de todos os lucenses na noite de San Xoán que se celebrará a vindeira semana.

1ª.- Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.

2ª.- As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.

3ª.- O responsable ou responsables e os organizadores de cada fogueira han de retirar do lugar de celebración tódolos restos que queden unha vez rematada a queima.

4ª.- En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a sufocar de inmediato a fogueira.

5ª.- As solicitudes para obter o permiso para a queima faranse nos impresos que están a disposición dos interesados nas dependencias da Policía Local.

O prazo de presentación de instancias rematará ás13:00 horas do luns, día 23 de xuño.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova