Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Deportes organiza un curso de tiro con arco para os meses de verán


# Mércores, 18/06/2008
O prazo de inscrición é ata o vindeiro xoves 26 de xuño

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, abre o prazo de inscrición para os cursos de verán de tiro con arco dirixidos a rapaces de 8 a 15 anos e a maiores de 16 anos. O prazo permanecerá aberto desde hoxe ata o 26 de xuño. As solicitudes poderán formalizarse na Piscina Municipal de Frigsa.

As clases desenvolveranse ao longo dos meses de xullo e agosto no CEIP de As Gándaras e establécense dous niveis de formación, un de iniciación e outro de perfeccionamento. O prezo da matrícula é de 25 euros por curso e mes e realizarase un desconto do 20% do prezo da matrícula aos irmáns que se inscriban.

Os horarios dos grupos de iniciación, un de adultos e outro de rapaces, serán de 10:30 horas a 12:00 horas da mañá e de 12:00 a 14:00 horas respectivamente. Mentres que, os dous grupos de perfeccionamento terán as clases de 17:30 a 19:30 horas da tarde para os rapaces; e de 19:45 a 21:45 horas os adultos.

Este curso forma parte do programa especial deseñado pola Escola Deportiva Municipal de Verán, que organiza unha serie de actividades vinculadas á práctica de deportes como o tenis ou o piragüismo, entre outros, para que nos meses estivais a poboación lucense goce da oportunidade de aprender e desenvolver un deporte e, a súa vez, poder elixir entre diversas modalidades.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova