Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lágrimas Rojas, a seguinte proxección do ciclo de cine xuvenil Muller e Interculturalidade


# Xoves, 19/06/2008
Será mañá venres a partir das 22:00 horas

Mañá venres, 20 de xuño, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Os lucenses poderán disfrutar co filme Lágrimas Rojas. A película encádrase na  España dos anos sesenta na que dous millóns de españois saen do país empuxados pola necesidade. O seu destino será Alemaña, Francia, Suíza e Os Países Baixos. A metade son clandestinos e viaxan sen contratos de traballo. O oitenta por cen deles son analfabetos. Ante eles levántase o muro do idioma e os costumes diferentes.

O tempo pasa e a historia trasládase á actualidade. Outros necesitados chaman á porta dun país próspero, case ninguén se acorda da outra historia. Josefina si. Ela recorda a súa viaxe no tren da memoria co seu destino en Nüremberg, Alemaña. O documental retrata o éxodo de dous millóns de españois que buscaron a súa prosperidade en Europa nos anos sesenta. Fóronse para uns meses e quedaron trinta anos.

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova