Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O V Goberno Infantil pecha o seu mandato


# Xoves, 19/06/2008
A corporación constituíuse o 12 de decembro de 2007 con 25 concelleiros

O V Goberno Infantil chegou ao final do seu mandato esta mañá cun acto de clausura que tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Na despedida desta Corporación estiveron presentes o Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e outros membros da corporación municipal.

A Concelleira , subliñou o traballo desempeñado pola Corporación Infantil, mentres que o edil de Urbanismo  agradeceu en nome do Alcalde de Lugo, José López Orozco, a ilusión mostrada polos membros do Goberno Infantil e desexoulles que garden os mellores recordos da súa experiencia democrática.
 
A Corporación constituíuse o pasado 12 de decembro de 2007 con 25 concelleiros e concelleiras, alumnos de 5º e 6º de primaria de seis colexios e do centro Aspnais,  presididos pola Alcaldesa, Sabela Brand García, do CEIP Menéndez Pelayo, e Purificación Daniel Cora Latas como o seu primeiro tenente de Alcalde.

O Goberno compúxose de oito áreas de traballo que foron urbanismo, cultura e educación, medioambiente, benestar social, deportes, tráfico e protección á comunidade, cidade rural e desenvolvemento xuvenil.

A Alcaldesa despediuse destacando o gran traballo en equipo que realizaron conxuntamente os seus concelleiros e valorou positivamente os coñecementos sobre a realidade da cidade que todos se levan despois desta experiencia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova