Imprimir

O PUGILATUM IN MEMORIAM TORI JUL CONTARÁ CON OITO COMBATES E UNHA EXHIBICIÓN DE RAPACES


19/6/2008 Forma parte da programación do Arde Lucus MMVIII

O Concello, en colaboración co Club Boxing Cidade de Lugo, organiza unha velada de boxeo que se celebrará mañá venres 20 de xuño englobado dentro do programa de Arde Lucus MMVIII.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e José Luis Álvares, explicaron en roda de prensa que os amantes deste deporte poderán asistir ao espectáculo dos oito combates que comezarán a partir das 19:00 horas na praza de Santa María. A entrada é gratuíta. Un total de 16 boxeadores combaterán na modalidade amateur. As parellas serán as seguintes:

- Iván Marínez de Boxin Club Lugo e israel do Club Alfredo Arrojo de León.
- Saul Gacio da Escola de Boxeo Os Mariñeiros de Coruña contra o rumano Dimitri da Escola de Boxeo de Teixeiro.
- Joseba Muruzabal da Escola de Boxeo Os Mariñeiros de Coruña Contra Enrique Presas do Club Alfredo Arrojo de León
- Mario Leandro do Boxing Club e Ricardo Soneca de Planasport de A Coruña
- Lamazares do Boxing Club loitará contra Mauro Olatin do Club Ifcl Lee Manuel de Vigo
- Alberto Fernández do Club Ifcl Lee Manuel de Vigo loitará contra Jonathan Rodríguez do Club Alfredo Arrojo de León.
- Juan José “el infierno” do Club Miguel Gauma de A Coruña contra Vicente Barrul (campión de España no 2006) do Ximnasio Casas de León
- Manuel Soto do Boxing Lugo contra Antonio Calvar do Ifcl Lee Manuel de Vigo.

O Concelleiro afirmou que esta cita será un modo de dar a coñecer un deporte que cada vez ten máis practicantes na nosa cidades e que chegan a metas moi altas como Alberto Piñeiro el “piña”.