Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro Social de A Milagrosa acolle unha exposición cos traballos realizados nos talleres organizados polo Concello dende outubro


# Martes, 10/06/2008
A mostra estará aberta de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, visitou esta mañá a exposición dos traballos realizados polos participantes nos obradoiros de Animación Sociocultural do Centro Social de A Milagrosa organizados pola súa Concellería.

Entorno a 150 pezas, entre cestos, pinturas, labores… forman unha pequena representación das 40 iniciativas que dende o mes de outubro se realizaron neste centro social organizados pola Concellería de Benestar Social.

Son 33 obradoiros só neste centro social, que inclúen óleo, cestería, reciclaxe, modelaxe coas mans, palillos… Neste centro social tamén houbo, actividades dirixidas aos máis pequenos nos talleres infantís, aínda que a maioría dos asistentes tiñan unha idade de entre 45 e 50 anos.

A exposición estará aberta ao público de 10 a 13 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres e o sábado 14 ata as 13:00 horas, momento no que finalizará a exposición.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova